Asociación de Fiscales Asociación de Fiscales

Convenio de colaboración entre la Escuela Galega de Administración Pública y la Asociación de Fiscales para el desenvolvimiento de actividades de formación, divulgación e investigación

En Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

REUNIDOS

Dunha parte Dna. Sonia Rodríguez-Campos González, Directora da Escola Galega de Administración Pública (en adiante EGAP), nomeada polo Decreto 146/2012, do 12 de xullo (DOG nº 134 do 13 de xullo), actuando en nome e representación da EGAP, en virtude das facultades que lle confire o artigo 9º da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo; doutra,D. Antonio Roma Valdés, nomeado por designación realizada el 6 de junio de 2013, actuando en nome e representación da Asociación de Fiscales, en virtude das facultades que lle confire o seus estatutos.

Teñen, segundo interveñen, a capacidade legal necesaria para formalizar o presente Convenio de Colaboración, e

EXPOÑEN

PRIMEIRO. Que a EGAP é un organismo autónomo de carácter administrativo e unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, que actúa con plena autonomía  funcional para o cumprimento dos seus fins.

SEGUNDO. Que a Lei 4/1987, do 27 de maio, pola que se crea a EGAP, menciona entre os fins da Escola a formación, o perfeccionamento, a investigación, a documentación, o estudio e a realización de traballos de divulgación no campo da administración pública, promovendo á súa máxima difusión.

TERCEIRO. Que a Asociación de Fiscales  ten por finalidades, entre outras:

- El perfeccionamiento de la Administración de Justicia, en cuanto servicio público, mediante la promoción y realización de cuantas actividades y medidas se orienten a su más perfecta y eficaz prestación, de modo que la misma responda a los derechos y legítimos intereses de los ciudadanos.

- Promover el adecuado conocimiento de la misión y funciones del Ministerio Fiscal.

A Asociación de Fiscales ten asinado un convenio con Banesto para o orzamento dos propias actividades de formación.

CUARTO. Que ambas as dúas partes consideran de mutuo interese para o cumprimento das súas respectivas funcións establecer fórmulas de colaboración no ámbito formativo, divulgador e investigador a través do presente Convenio.

En virtude do exposto e recoñecéndose ambas dúas partes na representación que ostentan capacidade suficente, acordan asinar un convenio de colaboración de acordo coas seguintes

CLÁUSULAS

PRIMEIRA. Obxecto

O obxecto deste convenio entre a EGAP e a Asociación de Fiscales, é a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

SEGUNDA. Actuacións.

A EGAP e a Asociación de Fiscales, en virtude do disposto neste convenio, podrán colaborar en actividades relacionadas coa realización de formación, divulgación e investigación no ámbito das súas competencias.

As modalidades de colaboración poderán consistir en:

a) Realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación.

b) Edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo. Ambas as dúas instituciones comprométense a remitir un exemplar das súas publicacións periódicas á Biblioteca da outra, para a súa difusión.

c) Promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.

d) Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e disponibilidade das partes, en relación á actividade obxeto deste Convenio.

TERCEIRA. Establecemento dunha Comisión Mixta de Seguimento.

Para o bo desenvolvemento das actividades obxecto do Convenio establecerase unha Comisión Mixta, de composición paritaria, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá a concreción, seguimento, interpretación e avaliación das accións derivadas do presente convenio.

Nesta comisión actuarán como representantes por parte da EGAP, a persoa responsable da Subdirección Académica e un Xefe o Xefa de Servizo da mesma que designe a súa Directora, ou persoas en quen deleguen; e por parte da Asociación de Fiscales, Antonio Roma Valdés, ou persoas en quen deleguen.

Serán funcións desta Comisión de seguimento:

1. Velar polo cumprimento do convenio.

2. Concretar, seguer, interpretar e avaliar as accións derivadas do presente convenio.

3. Adoptar ou propoñer as medidas necesarias para garantir o exercicio coordinado das competencias de cada unha das partes.

4. Resolver os problemas de interpretación que poidan xurdir.

5. En xeral, as que o artigo 6.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, lle atribúe o órgano de vixilancia e control.

CUARTA. Orzamento

A sinatura deste convenio non implica, por parte da EGAP, compromiso de gasto con cargo ás partidas orzamentarias do estado de gastos do orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

QUINTA. Inexistencia de relación laboral.

A subscrición do presente convenio non implicará relación laboral, contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que realicen as actividades obxecto deste convenio e a EGAP.

SEXTA. Dereitos de uso e propiedade industrial e intelectual.

Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a totalidade das creacións resultado deste convenio, son titularidade conxunta da EGAP e da Asociación de Fiscales.

As partes necesitan a autorización expresa daoutra para proceder a edición, representación, gravación e reproducción audiovisual, informática, ou por calquera outro medio, formato o soporte, do resultado e dos materias fruto do desenvolvemento do proxecto.

SÉTIMA. Modificación, Denuncia e Resolución do Convenio

As partes poderán modificar ou resolver o presente convenio en calquera momento por mutuo acordo. Así mesmo, poderán denunciar o presente convenio en calquera momento por vontade expresa de calquera das partes cun preaviso de quince días naturais.

O incumprimento de calquera das obrigas contraídas no presente convenio por unha das partes facultará á outra para resolver o mesmo, cos efectos que legalmente procedan.

OITAVA. Réxime xurídico e resolución de conflitos.

Este convenio ten natureza administrativa e rexerase pola Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola lexislación en materia de contratos das administracións públicas polas demais normas de dereito administrativo e, no seu defecto polas normas de dereito privado.

De conformidade co establecido no artigo 8.3 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, as cuestións litixiosas que poidan xurdir na interpretación e cumprimento do presente convenio de colaboración, serán de coñecemento e competencia da Orde xurisdiccional do contencioso-administrativo.

NOVENA. Vixencia

O presente convenio estenderá a súa vixencia dende a data da sinatura por tódalas partes ata o 31 de decembro do 2013, prorrogándose de forma expresa por anualidades naturais, salvo denuncia de calquera das partes antes do seu termo, ou do termo de cada unha das prórrogas.

Este acordo de colaboración obriga ao cumprimento do expresamente pactado, someténdose tódalas partes ao acordado en tódalas estipulacións, e como proba de conformidade subscríbese, por duplicado exemplar, no lugar e data arriba indicados.

Pola Escola Galega de Administración Pública,

Pola Asociación de Fiscales

Dna. Sonia Rodríguez-Campos González.

D. Antonio Roma Valdés

 

Save
Cookies user prefences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Esenciales
Estas cookies son necesarias para que el sitio Web funcione correctamente. Usted no puede desactivarlas.
Otras
Utilizar datos de localizacion geografica precisa
Accept
Decline
Seleccionar anuncios personalizados
Accept
Decline
Medir el rendimiento de los anuncios
Accept
Decline
Medir el rendimiento del contenido
Accept
Decline
Desarrollar y mejorar productos
Accept
Decline
Utilizar estudios de mercado a fin de generar informacion sobre el publico
Accept
Decline
Seleccionar anuncios basicos
Accept
Decline
Crear un perfil para la personalizacion de contenidos
Accept
Decline
Seleccionar contenido personalizado
Accept
Decline
Crear un perfil publicitario personalizado
Accept
Decline
Almacenar o acceder a informacion en un dispositivo
Accept
Decline
Analizar activamente las caracteristicas del dispositivo para su identificacion
Accept
Decline
Compartir tus analisis de navegacion y grupos de interes con terceros
Accept
Decline
Enriquecer el perfil con informacion de terceros
Accept
Decline
Caracteristicas y Propositos Especiales
Accept
Decline